Preguntas frecuentes
Resolvemos as tuas dubidas sobre BlaBlaNote e as suas funcionalidades.
BlaBlaNote é unha aplicación intelixente que che axuda a aumentar a túa produtividade, principalmente a través do procesamento de notas de voz, no idioma que ti elixas. BlaBlaNote axúdache a capturar, transcribir, organizar e actuar sobre as túas ideas faladas. Utiliza IA para axudarche a sacar todo o potencial das túas notas, transformando as túas gravacións de voz en notas estruturadas, tarefas, eventos e moito máis.
Simplemente grava as túas notas de voz a través da aplicación, sube un audio externo ou copia e pega unha nota de texto. BlaBlaNote transcribe automaticamente o teu discurso, organiza a información, identifica tarefas a resolver, contactos mencionados e proporciona resumos intelixentes. Todas as túas notas pódense buscar e compartir facilmente cun clic.
Tanto a aplicación de BlaBlaNote como as transcricións actualmente están soportadas en español, catalán, éuscaro, galego, inglés, francés, alemán, italiano, grego, holandés, portugués e sueco. Non obstante, de momento a web só está traducida en español, catalán, éuscaro, galego, inglés e francés. Estamos continuamente engadindo máis idiomas tanto á nosa web como á app de BlaBlaNote, como ás nosas capacidades de Transcrición.
Si, a seguridade é a nosa prioridade. Todos os teus datos están cifrados tanto en tránsito como en repouso usando cifrado de nivel bancario. Seguimos estritos protocolos de protección de datos incluíndo cumprimento GDPR, e mantés a propiedade completa do teu contido. BlaBlaNote funciona en infraestrutura AWS Cloud con monitorización 24/7 e protección DDoS. Non compartimos os teus datos con terceiros, salvo para o procesamento das notas vía IA; garantimos que o provedor borra os teus datos despois do procesamento, e que non os usa para adestrar os seus sistemas. Para máis detalles sobre as nosas medidas de seguridade, visita a nosa páxina dedicada de Seguridade e Privacidade.
BlaBlaNote ofrece 30 días de proba gratuíta sen compromiso. Tralo período de proba, o Plan Individual custa 12€ ao mes (ou 9€ ao mes se se paga anualmente). Isto inclúe notas de voz ilimitadas (de ata 10 minutos cada unha), transcrición automática, procesamento avanzado con IA, capacidades para compartir e soporte estándar. Tamén hai plans personalizados dispoñibles para organizacións con necesidades específicas.
De momento non. A transcrición e procesamento requiren conexión a internet para acceder aos nosos modelos de IA e garantir resultados precisos. Estamos traballando para engadir funcionalidades sen conexión.
Non necesitas instalar nada. BlaBlaNote funciona perfectamente como aplicación web á que podes acceder desde calquera navegador. Non obstante, para unha mellor experiencia, podes instalala como Progressive Web App (PWA) en móbil ou escritorio, descargar a nosa app de Android desde Google Play, ou engadir a nosa extensión de navegador para Chrome ou Firefox e capturar notas e información rapidamente mentres navegas.
BlaBlaNote está deseñada desde cero para traballar con voz. Transcribimos, entendemos, organizamos e potenciamos os teus audios con IA. Non é só unha gravadora nin só unha app de notas: é o teu asistente de voz intelixente, que engade constantemente novas funcionalidades para aumentar a túa produtividade vaias onde vaias. E ademais, usando o teu idioma habitual.
Si. Podes compartir tanto o audio como a transcrición, resumo ou tarefas extraídas, por email, enlace privado ou incluso WhatsApp. Ti elixes que contido queres compartir, con quen, e a través de que soporte.
Podes revisar e editar manualmente, ou solicitar unha nova transcrición. Tamén podes cambiar o título, modificar tarefas suxeridas, cambiar ou asignar novos contactos ou refacer o resumo se así o desexas. Tamén podes reportar erros para axudarnos a mellorar o sistema.